O FESTIVAL

Luz Poética é o primeiro festival de poesía nova de Compostela, inspirado na figura da poeta compostelá Luz Fandiño, quen representa unha grande inspiración para a mocidade galega. O encontro, que terá lugar en diversos espazos emblemáticos da capital de Galicia, como a Igrexa da USC, o Centro Sociocultural Xove da Almáciga e o Teatro Principal, así como en entidades locais vencelladas ao mundo da cultura, como pubs e librarías do casco histórico, dará voz ao auxe poético da cidade dos últimos anos. Durante os deis días que durará o festival, do 17 ao 22 de outubro de 2022, participarán poetas novas e novos da escena galega actual, asi como tamén terá lugar a Gran Final de Poetry Slam estatal. Unha oportunidade única para conectar poetas de diversas latitudes ca nosa poesía.

Fotografía: Belén G. Ojea

LUZ FANDIÑO

 O Festival Luz Poética leva como bandeira o seu espírito e o seu modo de entender a cultura e a poesía. Nada no barrio de Sar. En 1952 emigrou a Arxentina, e en 1964 emigrou a Francia. Retorna a Galicia no ano 1979 para quedarse aquí ata os nosos días en Santiago de Compostela. Unha muller revolucionaria que, a través da súa poesía e do seu activismo social, é un icono para a mocidade galega. Ao longo da súa vida colaborou en diferentes publicacións galegas, no programa Diario Cultural da Radio Galega, coas Redes Escarlata e máis. Reivindica a poesía e a lingua como ferramentas transformadoras do social. Na actualidade segue en activo, escribindo e acudindo a recitais poéticos, centros sociais e institutos. Nos seus coloquios comparte co público, sempre desde unha gran humildade, a súa visión de vida.

ACTIVIDADES

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS

Teremos a oportunidade de gozar de micros abertos, sesións musicais, presentacións de libros, e máis, que dinamizarán diferentes puntos da cidade ao longo de toda a semana.

VÍDEOS

ORGANIZA

COORDINA

COLABORADORES