Festival Luz Poética

Obradoiro de Regueifa e Rap

Imparte: Alba María

Que teñen en común a cultura do hip hop e a tradición galega da regueifa? Neste obradoiro de improvisación viaxaremos desde a tradición ata a eternidade a través do free style e da regueifa. Aprenderemos sobre rima, ritmo, melodías, versos. Comprobaremos como desde a regueifa se pode chegar ao rap sen facer moito esforzo e sen mudar nada de ambos os dous xéneros. Que rompa o beat!

  • Xoves, 26 de outubro
  • 18:00h
  • Casa do Taberneiro

Entrada de balde. Reserva a través do noso instagram @festival.luzpoética

Aforo limitado

Scroll al inicio