Escritora e activista galega
Nada no barrio de Sar. En 1952 emigrou a Arxentina, e en 1964 emigra de novo a Francia. No ano 1979 retorna definitivamente a Galicia, a Santiago de Compostela onde reside.
Colabora en diferentes publicacións galegas, no programa Diario Cultural da Radio Galega, coas Redes Escarlata, Mulheres Trasgredindo e Mar de Tinta. Reivindica a lingua e o poder transformador da poesía.
Segue en activo, escribindo diariamente e acudindo a centros sociais, colexios e institutos a dar charlas sobre a súa estadía na emigración, os seus poemas e a súa visión da vida.
No ano 2019 foi agasallada pola Asociación Cultural Agromadas de Seixalbo co XI Premio Freire Carril.
A directora Sonia Méndez estreou no 2020 o seu filme A poeta analfabeta baseado na vida da escritora e activista Luz Fandiño.
Copyright 2022 © Luz Poética Festival. Todos los derechos reservados.