Festival Luz Poética

Slam de poesía Oral

BASES POETRY SLAM COMPOSTELA

● Slam Poetry é unha competición poética na que cada participante recita en directo e o
xurado é seleccionado de entre o público asistente mediante sorteo.
O tempo máximo do que dispón cada poeta é de tres minutos para interpretar o seu poema.
(ver máis abaixo as penalizacións por superación de tempo no apartado de Condicións.)

● Poetry Slam Compostela está federado no circuito estatal de Poetry Slam España.

● A gañadora do certame, tras cinco encontros e unha final, viaxará á Final do Estado cos
gastos de desprazamento, hospedaxe e dietas incluídos. O evento da final estatal dura tres días.

Condicións:

· A temática e o idioma son libres.

· Os poemas teñen que ser de creación propia.

· Pódese recitar de memoria ou ler.

· Só se pode facer uso da voz e do corpo, pero non se pode utilizar disfraz algún, nin
obxectos accesorios (como instrumentos, etc.) O seu uso supón a automática
descalificación dun encontro. É dicir, as puntuacións obtidas nese encontro non serán
tidas en conta. Quen incurra nesta penalización sempre pode volver presentarse no
seguinte encontro.

. O obxectivo do Poetry Slam é a posibilidade de compartir e coñecer os poemas das
participantes. O texto e a dramatización son os aspectos principais tidos en conta por
parte do público á hora de votar, polo cal, utilizar o escenario para cantar unha canción
non está permitido e suporía tamén a automática descalificación do encontro. É dicir,
as puntuacións obtidas durante ese encontro non serían tidas en conta.

. Si que está permitido cantar un fragmento pequeno dunha canción (unha frase moi
curta) si así o require o poema, pero sempre todo o contido do poema ten que ser de
autoría propia. En caso de non ser o fragmento cantado de autoría propia, poderíase
cantar pero se é de brevísima duración. En todo caso, non é recomendable xa que pode
constituir motivo de descalificación por parte da mesa de control.

· Os turnos de participación realizaránse mediante sorteo.

· IMPORTANTE: Non se pode repetir un poema lido nun Slam anterior dentro dunha
mesma tempada.

· Recoméndase sempre traer dous poemas por se ocorre un eventual empate, e
houbese que desempatar.

· O cronómetro empeza a correr dende que o/a participante emite a primeira palabra
no micro. Digades o que digades o cronómetro comeza a avanzar.

· Actuar en silencio antes do poema supón que o cronómetro comeza a contar. Os e as
poetas poden tomarse o seu tempo para prepararse antes de comezar a falar sempre e
cando ese tempo non sexa utilizado como actuación muda.

Sistema de puntuación: Cada poeta dispón dunha intervención de 3 minutos. (+ 10
segundos de flexibilidade)

Superado o tempo penalízase restando 1 punto por cada dez segundos de exceso ata
chegar aos 3 minutos 40 segundos.

· Menos 1 punto se o exceso supera o minuto 03:10.

· Menos 2 puntos se o exceso supera o minuto 03:20.

· Menos 3 puntos se o exceso supera o minuto 03:30.

· En caso de que a/o participante supere o tempo de 03:40 minutos quedaría
automáticamente descalificado e non puntúa nese encontro.

Elección do xurado // Repártense cinco pizarras ó azar entre o público asistente. Ao
remate da súa actuación cada poeta recibe a súa puntuación. As notas deben estar
comprendidas entre o 1 e o 10, sen decimáis. Das cinco pizarras elimínanse a
puntuación máis alta e a máis baixa para evitar amiguismos ou enemizades.

A puntuación final é a suma das tres notas intermedias. (En caso de empate entre dúas
ou máis concursantes súmanse as puntuacións das cinco pizarras entre as slammers
que teñan empatado. De persistir o empate pasaríase a unha segunda fase de
desempate, recitando un segundo poema, na que soamente participarían as
participantes implicadas.)

O poeta con maior puntuación clasifica para a final do Poetry Slam Compostela na que,
xunto coas outras participantes gañadoras da tempada, competirá para acceder ó
circuito a nivel estatal do Poetry Slam España. (O cal celébrase cada ano nunha cidade
diferente do Estado.)

Tempada// cinco encontros dos cales se obtén en cada un “unha finalista” + unha final
das “cinco finalistas” para acceder áo encontro de Poetry Slam España e competir con
máis de 25 cidades de todo o territorio estatal na gran final.

Poetry Slam Compostela, 2023

Scroll al inicio