Espectáculo poético musical en chave feminista que mistura improvisación oral con poesía e música. Nesta obra, a poeta Andrea Nunes Brións e a improvisadora oral Alba María serán as encargadas de misturar poesía, regueifa, música e moita tenrura reflexionando sobre temas actuáis como a cuestión dos xéneros, as corporalidades, as disidencias varias, recuperando letras de cantigas e coplas tradicionais galegas xa esquecidas, improvisando e recitando versos propios.