Recital poético / Lúa Mosquetera, Diego Horschovski, María Lado e David Trashumante.
Música / Zeltia Irevire
Actividade alternativa dentro da programación do festival, nun dos espazos emblemáticos da noite galega, que consistirá nun recital no que participarán artistas consolidadas como as poetas Lúa Mosquetera, María Lado ou David Trashumante, así como tamén o poeta e dinamizador cultural Diego Horschovski, e que rematará cunha actuación musical a cargo da cantante galega Zeltia Irevire.