Grazas a este documental coñeceremos á figura de Luz Fandiño. Trátase dunha película que retrata a unha muller fascinante. Poeta, activista, feminista, nacionalista e revolucionaria. Aos seus 88 anos Luz é testemuña viva das realidades máis duras do século XX, por ser muller, emigrante, pobre, e roxa. Unha muller brava, profundamente política, e un ser cunha humanidade excepcional.