Actividades complementarias

Teremos a oportunidade de gozar dunha sesión musical no Riquela Club da man de DJ Peter, un micro aberto na Medusa coa participación especial de Laura Lamontagne, e da presentación do libro Meigas de Mariposa Edicións. Ver programación  

Obradoiro poético: Nuria Vil

Partindo da oralidade da autora, Nuria Vil, e do seu xeito de achegarse á poesía, no obradoiro empregaránse xogos e dinámicas grupais relacionadas coa palabra falada para dar saída á creatividade das participantes, e utilizar o corpo e a voz como canles de expresión. O obradoiro procura achegarse á poesía dun xeito dinámico que permita, […]

Gran Final de Poetry Slam estatal

Poetry Slam é unha modalidade poética na que as participantes teñen tres minutos para dramatizar o seu poema e é o público quen, mediante votacións, decide quen é a gañadora. O Slam de poesía oral é o formato poético de máis convocatoria entre a mocidade. Trinta sedes de todo o territorio estatal están citadas ao […]

Noite no Modus:

Recital poético / Lúa Mosquetera, Diego Horschovski, María Lado e David Trashumante. Música / Zeltia Irevire Actividade alternativa dentro da programación do festival, nun dos espazos emblemáticos da noite galega, que consistirá nun recital no que participarán artistas consolidadas como as poetas Lúa Mosquetera, María Lado ou David Trashumante, así como tamén o poeta e […]

Espectáculo poético-musical: Todas as formigas percorréndome en mandas

Espectáculo poético musical en chave feminista que mistura improvisación oral con poesía e música. Nesta obra, a poeta Andrea Nunes Brións e a improvisadora oral Alba María serán as encargadas de misturar poesía, regueifa, música e moita tenrura reflexionando sobre temas actuáis como a cuestión dos xéneros, as corporalidades, as disidencias varias, recuperando letras de […]

Documental “A poeta analfabeta”

Grazas a este documental coñeceremos á figura de Luz Fandiño. Trátase dunha película que retrata a unha muller fascinante. Poeta, activista, feminista, nacionalista e revolucionaria. Aos seus 88 anos Luz é testemuña viva das realidades máis duras do século XX, por ser muller, emigrante, pobre, e roxa. Unha muller brava, profundamente política, e un ser […]

Roteiro poético

Breves intervencións poéticas nas que coñeceremos a autoras como Branca Trigo, Alfredo Vázquez, Samuel Merino e Constance Hurlé. Durante unha hora poderemos percorrer o casco histórico compostelán no que atoparemos poetas recitando en distintos puntos.